IGREXA DE CAPELA

Relixioso
363
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Capela (Santa María)

Lugar: Ponte Queimadas

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 51.1" N - 7º 58' 33.4" W

Descrición

Capela de pequenas dimensións, amosada a unhas dependencias municipais de usos múltiples, con fachadas de ladrillo lucidas con morteiro de cemento e pintada de cor branca. Na fachada principal porta de acceso de lintel recto, con sendas xanelas a ambos lados con lintel en arco de medio punto. Por encima unha xanela da mesma forma, pero máis achatada. Cuberta a dúas augas, atopándose nun dos seus beirados un pequeno tímpano rematado por unha campá sustentada por unha estrutura metálica.

Acceso

Partindo de Souto cara a Melide hai que percorrer cincocentos metros ata o lugar de Pontequeimadas e atoparemos a igrexa á man dereita da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba