IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOSÉ DE VILAR DO LOR

Relixioso
475
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilar de Lor (San Xosé)

Lugar: Vilar de Lor

27329  Quiroga - Lugo

Descrición

Edificio de planta rectangular de medianas dimensións con cuberta a dúas augas e tellado de lousa. Muros de cachotería de lousa recubertos de cal no exterior e sen lucir no interior, e esquinas de granito adornando. A fronte rematase cunha espadana de tres vans. Arrimado á nave lateral hai un alpendre, edificio de recente factura. No interior encontrámonos con esculturas de San Francisco de Asis, século XVIII, un Salvador que pertencería a un conxunto de San Xosé do século XVIII. Unha escultura de Santa Bárbara tamén, do século XVII, que pertenceu á desaparecida ermida do mesmo nome, no lugar de Orxais (Aldea achegada a Vilar do Lor).

Acceso

Saíndo de Quiroga collemos o desvío cara a N-120 dirección a Monforte de Lemos e no cruce do Pontido coller o desvío pola estrada LU-933 pasando pola vila de Nocedo despois hai un desvío cara a dereita que nos leva a estrada LU-P-5005 seguímola toda sen desviarse en ningún momento para chegar a Vilar do Lor. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba