IGREXA PARROQUIAL DE SAN LOURENZO DE VILARMEL

Relixioso
478
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilarmel (San Lourenzo)

Lugar: Vilarmel

27320  Quiroga - Lugo

Descrición

Edificio de nave rectangular construído no século XVII e con retablo maior, de estiletes e columnas salomónicas, do segundo terzo do século XVIII. Os muros son de mampostería de xisto á vista. A cuberta é a catro augas na capela maior, e no resto a dúas augas con lousa ao exterior sobre estrutura de madeira. Os ocos son escasos e de pequeno tamaño, de carpintaría de madeira lacada. Consta dunha espadana con dous ocos onde se albergan as campás, rematada por tres pináculos.

Acceso

Dende Quiroga debemos coller a N-120 cara a Rúa e desviarnos cara a esquerda no cruce de Paradaseca, seguimos a estrada por Paradaseca, e logo Paradapiñol ata Rugando; despois de Rugando seguimos un tramo máis de estrada ata chegar a Vilarmel.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba