CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE FERREIROS

Etnográfico
669
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Campañó (San Pedro)

Lugar: Ferreiros

36157  Pontevedra - Pontevedra

Descrición

Cruceiro sobre tres chanzos de pedra cadrados, o primeiro afogado no asfalto. Pola cara dianteira de baséaa, aparece un retablo que contén dúas persoas entre as lapas, flanqueadas por San Francisco e Santo Antonio que lles tenden o cordón do seu hábito ó cal elas se agarran . A base posúe cantos lixeiramente rebaixados, que conducen ao fuste de planta, primeiro cadrada e logo octogonal, no que aparecen varios santos. Pola parte dianteira está Santo Antonio Antonio e Santa Marina; por detrás, a imaxe de Santa Bárbara. A cruz é cadrada, con Cristo crucificado, e detrás del, a Virxe María, na súa advocación do "Socorro", xa que leva na man un pau para defender o Neno que sobe pola súa faldra, escapando do demo que se atopa vencido aos seus pés.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba