mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 201 RUTA INTEGRAL SERRA CALVA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 201 RUTA INTEGRAL SERRA CALVA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200519000104/pr-g-201-ruta-integral-serra-calva?langId=gl_ES
A Veiga - Ourense
A senda discorre polo linde entre as provincias de Ourense e Zamora. Iníciase o traxecto na Portela da Serra Calva (1.520 m), tamén coñecida como As Lagoas das Tablillas, no límite do Concello da Veiga e o municipio zamorano de Porto de Sanabria. Neste punto hai unha zona de observación astronómica, xa que o lugar goza dun ceo amplo e sen contaminación lumínica.
O percorrido discorre xunto a moitas pequenas lagoas estacionais que reciben o nome de lagoallos. A presenza destes pequenos lagos e zonas encharcadas (chamadas brañas) é a mostra do pasado glaciar destes montes.
A senda visita as lagoas glaciares de Ocelo e da Serpe, así como as praderías e os restos dos chozos utilizados antigamente polos gandeiros. Desde O Escavadoiro, o roteiro sobe xunto ao río Xares ata case o seu nacemento. Logo, conecta con outros carreiros para achegarse ao cume de Pena Trevinca.
O trazado da Integral da Serra Calva acumula 21 km, pero hai que reservar forzas para cubrir a mesma distancia no traxecto de volta. Ou baixar ata Vilanova ou á Ponte mediante outros sendeiros conectados.
Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.