PR-G 224 SENDEIRO DA TEIXEIRA

Sendeirismo
824

Localización

A Teixeira - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 22.4" N - 7º 28' 22.0" W

Descrición

Partindo das proximidades dun lavadoiro na aldea da Teixeira, o camiño diríxese a Cristosende entre muros de pedra e cuberto por un bosque autóctono bastante denso de carballos e castiñeiros. A paisaxe ábrese ao achegarse a Cristosende, onde os viñedos substitúen á foresta.

Descendendo entre bancais, o roteiro aproxímase ao río Mao onde, mediante unha derivación, pódese conectar co carreiro PR- G 177. Seguindo a pista polo trazado principal, gózase das fermosas vistas sobre o río Sil e o seu canón.

A senda abandona o Sil na desaparecida poboación de Fontao e xira cara ás ladeiras do leito do río Edo. Un sinal indica o acceso ao miradoiro da Pena do Curvo, cunha ampla panorámica sobre a confluencia dos ríos Edo e Sil. Seguindo o itinerario, ao entrar na Portela, abandónase a pista ancha e toman a substitución os camiños estreitos, entre muros e viñedos. A ascensión pasa pola Cruz e un miradoiro sobre Lumeares, para concluír novamente na Teixeira.

Acceso

Desde Ourense seguir a estrada OU-536 en dirección ao Castro de Caldelas. Ao chegar a Valilongo, virar á esquerda pola OU-139 e, en poucos metros, tomar a OU-0606 ata A Teixeira.

Lonxitude

13,4 km. O roteiro principal mide 11,5 km e a derivación ao río Mao, 1,9 km de ida e volta.

Punto de partida/chegada

A Teixeira (Concello da Teixeira)

Percorrido

A Teixeira, Cristosende, canón do río Sil, mirador de Pena do Corvo, A Portela, A Cruz, A Teixeira.

Dificultade

Media

Duración

5 horas e 15 minutos.

Material

Recoméndase provisións e auga.

Servizos

Na Teixeira e en Cristosende.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto con reservas

Acceso a cabalo

Apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

189-III O Castro de Caldelas

Máis información

Concello da Teixeira
Tel.: 988 207 400
concello.ateixeira@eidolocal.es
www.ateixeira.es

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!