O VISO ECOVILLAGE

Turismo rural - Grupo-D (Aldea de T. Rural)
1279

Localización

Parroquia: Ourol (Santa María)

Lugar: O Viso

27865  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 36.9" N - 7º 39' 25.9" W

Descrición

O Viso Ecovillage é a primeira aldea de turismo rural da Comarca da Mariña, Lugo, Galicia. Situada no municipio de Ourol, a só 15 minutos das praias. A 16 km de Viveiro e a unha hora e media do aeroporto de Santiago de Compostela. A aldea xace nunha gran área natural de doce hectáreas, converténdoa nun lugar ideal para relaxarse, desconectar e gozar da natureza.

 

A aldea de O Viso foi abandonada hai 30 anos e estímase que a arquitectura galega de todos os seus edificios ten máis de 200 anos. Cando a súa fundadora, Pascale chegou a ela, namorouse completamente. A pesar de que os seus edificios estaban en moi mal estado sabía o potencial e a maxia que tiña ese lugar. Iniciouse unha renovación completa comezando a rehabilitación do lugar en 2018.

 

Desde o primeiro momento traballouse baixo a premisa da sustentabilidade ecolóxica, respectando os materiais tradicionais do lugar como a pedra, a madeira ou a lousa. A rehabilitación e a renovación levaronse a cabo da maneira máis respectuosa co conxunto orixinal dos edificios.

 

O Viso Ecovillage, conta con varios edificios tradicionais e ten áreas comúns como os salóns sociais, unha área de piscina, e un sinfin de actividades das que poderás gozar. Tamén conta cun pequeno restaurante especializado en comida 100% vexetal e en actividades gastronómicas.

 

A ética de O Viso Ecovillage é 100% vegana polo cal piden aos seus hóspedes respectala e non cociñar ningunha receita con produtos de orixe animal nos apartamentos.

 

O Viso Ecovillage conta cun pequeno restaurante vegano e pet friendly no que ofrecen pratos saudables e moi saborosos. Apostan por ingredientes procedentes da agricultura orgánica e locais. A súa inspiración vén da cociña mediterránea.

Tipos de servizos

Admisión de animais (consultar)
Aparcadoiro
Bicicletas (consultar)
Camas supletorias
Comedor
Piscina
Restaurante
Salón
Tarefas agropecuarias
Xardín / Horta

Réximes

Almorzo
Cea
Xantar

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Apartamentos1122
Cuartos individuais11
Cuartos uso dobre48
Arriba
Axúdanos a mellorar!