POLO RÍO MADALENA ATA O MUÍÑO DO RAÑEGO

Paseos
1208
No Camiño de Santiago

Localización

Vilalba - Lugo

Coordenadas:
43º 18' 06.0" N - 7º 41' 10.8" W

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

O Paseo

Polo río Madalena ata o muíño do Rañego 
Paseo dos soños

Este roteiro, de algo máis de 3 km de lonxitude, parte da área recreativa da Madalena que conta con praia fluvial, parque acuático e zona de merendeiro. 

É unha ruta de baixa dificultade, xa que é practicamente chan na súa totalidade e está ben pavimentada. Ao longo do percorrido, á beira do río Madalena, cruzaremos varias pontes de madeira, como a ponte dos Freires ou a ponte dos Pasos, cuxas superficies están cubertas con malla metálica para evitar que esvaremos. Ao noso paso atoparemos bancos nos que poder facer un descanso e pasaremos xunto a varios muíños como o muíño do Rañego, punto final deste paseo. 

Este percorrido foi bautizado no ano 2006 como “Paseo dos soños” pola Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María da Terra Chá. Cada ano, en colaboración co concello de Vilalba, colocan neste paseo unha nova escultura na honra dun chairego ou chairega. Son figuras, de pedra ou de metal, que conmemoran a actividade que estas persoas realizaron dende o ámbito cultural e reciben o nome de «hectómetros literarios» porque entre cada figura hai 100 m de separación.

Características

Lonxitude: 3,2 km (só ida)
Punto de Inicio:
Área recreativa da Madalena 43°18'6.02"N / 7°41'10.87"W
Punto de Fin:
Muíño do Rañego 43°17'12.25"N / 7°41'15.81"W

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba