DA PONTE DO PORTO A CEREIXO

Paseos
652

Localización

A Coruña

Camariñas | Vimianzo

Coordenadas:
43º 08' 13.6" N - 9º 06' 54.8" W

O Paseo

Da Ponte do Porto a Cereixo
As torres que vixían o río Grande

Saímos dende A Ponte do Porto, que aínda conserva a súa ponte medieval. Polo paseo que vai pola beira esquerda do río Grande chegaremos ata o límite co concello de Vimianzo, tendo que utilizar a beiravía da estrada. Tras ver un hórreo típico da Costa da Morte, por entre unha casa e un muro arranca un camiño que vai bordeando o río, chegando ata un muíño de marés, que empregaba o ascenso e devalo da marea como forza hidráulica para a moenda. Diversos paneis explican tanto o seu funcionamento como a fauna e flora que podemos atopar nesta zona.

Por unha pasarela accesible seguimos o curso do rego do Riotorto que nos leva decontado ata as Torres de Cereixo, aínda que ten unha orixe máis antiga, o actual edificio corresponde ao século XVII, construído pola familia Carantoña, e a igrexa parroquial de estilo románico, en cuxo tímpano atoparemos unha representación da traslación do apóstolo Santiago na barca de pedra.

Características

Lonxitude: 1,54 km (só ida)
Punto de Inicio:
A Ponte do Porto (43°08'15.34''N / 9°06'52.74''O)
Punto de Fin:
Igrexa de Cereixo (43°07'55.45''N / 9°07'36.15''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba