FERVENZAS DO PEREIRO

Paseos
2672

Localización

Poio - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 44.2" N - 8º 42' 21.5" W

O Paseo

Fervenzas do Pereiro 
Augas bieitas

Esta pequena ruta discorre polo monte Castrove que, situado entre os concellos de Meis e Poio, é tamén o lugar no que se sitúan dous importantes mosteiros medievais: o mosteiro beneditino de San Xoán de Poio e o mosteiro cistercense de Santa María de Armenteira

Partindo das inmediacións de Pereiro de Abaixo collemos un camiño que se interna no bosque e que nos levará en primeiro lugar ao regato de Fentoso, onde cruzaremos unha ponte de madeira recentemente acondicionada para continuar remontando o río pola marxe esquerda. Cruzaremos aínda un par de pontellas máis antes de alcanzar o máis destacado desta ruta, a fervenza da Freixa Alta, que cun salto de aproximadamente 10 m pon final a este paseo.

Características

Lonxitude: 1,1 km (só ida)
Punto de Inicio:
Pereiro de Abaixo 42°26'44.24"N / 8°42'21.57"W
Punto de Fin:
Fervenza da Freixa Alta 42°27'0.75"N / 8°42'35.12"W

Accesibilidade a ter en conta

Terreo abrupto
Treitos de pendente forte
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba