DA PONTE MEDIEVAL DE SÁRDOMA AO PARQUE DE CASTRELOS

Paseos
857
No Camiño de Santiago

Localización

Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 09.1" N - 8º 42' 57.3" W

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

O Paseo

Da ponte medieval de Sárdoma ao parque de Castrelos
Paseo do río Lagares

O inicio deste paseo sitúase na parroquia de San Pedro de Sárdoma , concretamente xunto á ponte medieval. Trátase dunha construción, en uso dende o século XII, formada por dous arcos de medio punto e que conta, no medio deles, cun tallamar triangular que axuda a repartir a forza da corrente da auga.

Sobre ela cruzamos o río Lagares para continuar por unha senda que, a pesar de discorrer preto dalgúns edificios, debido a que estamos no centro da cidade, non perdeu o seu carácter rural. Despois de camiñar algo máis de 2 km chegaremos ao parque de Castrelos, o máis grande de toda a cidade e lugar ideal para practicar deporte ou pasar o día cos máis pequenos no seu parque infantil. 

Aquí situamos o punto final deste paseo, non sen antes recomendar a visita ao pazo de Castrelos que, situado na parte alta do parque, alberga o Museo Municipal de Vigo. Recibe tamén o nome de Museo Quiñones de León porque foi precisamente D. Fernando Quiñones de León, marqués de Alcedo, quen o doou á cidade en 1924 e dispuxo que se adicase a museo. Xunto ao edificio, formando un conxunto indisociable, dispoñense os xardíns, onde poderemos gozar de gran cantidade de especies de plantas exóticas e ornamentais, algunas delas centenarias, e de varios exemplares de árbores incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Características

Lonxitude: 2 km (só ida)
Punto de Inicio:
Ponte medieval de Sárdoma 42°13'09.2"N / 8°42'57.4"W
Punto de Fin:
Parque de Castrelos 42°12'45.8"N / 8°43'55.5"W

Tipo

Paseos urbanos
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba