POLO ENCORO DE CACHAMUÍÑA

Paseos
599

Localización

O Pereiro de Aguiar - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 16.9" N - 7º 48' 10.0" W

O Paseo

Polo encoro de Cachamuíña
Remanso do río Lonia

Comezamos o percorrido ao pé da presa do encoro de Cachamuíña, onde existe un aparcadoiro. Collemos a pista de terra que sae pola nosa dereita pola beira sur, entre piñeiros e os sons de paxaros. De seguido atopamos un parque biosaudable e unha pasarela que evita a estrada de Trives, chegando a un recuncho do encoro que cruzaremos por unha pequena ponte. O camiño sube un chisco, cuns chanzos, único atranco para os ciclistas, e vai bordeando o lado norte por todos os currunchos que fai o encoro ata chegar á presa que cruzaremos, gozando da vista do río Lonia que vai na busca do río Miño entre bosques de ribeira dominado polos amieiros. O encoro de Cachamuíña ofrece un paseo circular, moi doado para facer en familia, sobre todo nos días de calor da bacía ourensá, e segundo as épocas do ano poderemos albiscar gran número de aves, como anátidas, corvos mariños e outras especies que viven nos hábitats acuáticos e forestais. Hai que prestar atención no derradeiro tramo e na presa, xa que se comparte o espazo co tráfico rodado.

Características

Lonxitude: 3,7 km (circular)
Punto de Inicio:
Aparcadoiro encoro Cachamuíña (42°20'17.03''N / 7°48'10.01''o)
Punto de Fin: Aparcadoiro encoro Cachamuíña (42°20'17.03''N / 7°48'10.01''o)
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!