FERVENZAS DA REXIDOIRA

Paseos
831

Localización

Oza-Cesuras - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 34.2" N - 8º 09' 25.0" W

O Paseo

Fervenzas da Rexidoira
Roxe o río Mendo

Trátase dun curto paseo, cun certo grao de dificultade, que nos permitirá coñecer varias fervenzas no río Mendo. Comezamos a nosa andaina xunto á antiga casa do legoeiro, onde unha estrutura de madeira ofrécenos á oportunidade de xogar e coñecer alguns dos oficios da contorna. De seguido, tras cruzar o río sae unha pista de terra que nos achegará ás fervenzas. Está sinalizado como SM17, da rede das Sendas do Mandeo.

Tras apenas 200 m aproximadamente atoparemos un sinal que nos leva decontado ata as fervenzas 1 e 2. Cómpre facer atención no percorrido a partir de aquí xa que se trata de apenas un carreiro, que pode ser esvaradío, sobre todo en época de choivas. De feito existe un atallo que pode levarnos do cadoiro 2 ao 3, pero recomendamos voltar e seguir a senda marcada. Tras poucos m atoparemos a baixada cara a esta última, chamada o pozo da Ola. Retomando o camiño seguiremos cara á derradeira fervenza, denominada O Batán. O regreso faise seguindo os sinais por un carreiro que nos leva á pista forestal que seguiremos ata o punto de inicio.

Características

Lonxitude:
1,29 km (circular)
Punto de Inicio: Antiga caseta de legoeiros (43°08'34.04''N / 8°09'25.23''O)
Punto de Fin: Antiga caseta de legoeiros (43°08'34.04''N / 8°09'25.23''O)
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Terreo abrupto
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba