FERVENZAS DO RÍO FÍRBEDA

Paseos
966

Localización

Parroquia: Porqueira (Santa María)

Lugar: Forxa

Porqueira - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 05.2" N - 7º 50' 40.4" W

O Paseo

Fervenzas do río Fírbeda
Cadoiros secretos na Limia

Trátase dun percorrido esixente en varios dos seus tramos, e con risco de caídas a distinta altura, polo que non é recomendable para facelo en familia. Cumprirá facer atención tamén en períodos húmidos ou chuviosos polo perigo de escorregar coa follaxe e pola dificultade do terreo.

Dito isto, a ruta iníciase a carón dunha ponte de pedra tradicional, no curso baixo do río Fírbedas, xa na chaira limiá, cunha pequena área recreativa e un muíño. O sendeiro segue o curso pola beira dereita, río arriba, pasando por varias canles antigas destas construcións tradicionais, chegando a unha ponte de madeira. Este treito sería o de fácil acceso.

A partir de aquí o camiño vai ascendendo, cunha grande pendente a maioría do tempo, rodeado de bosque autóctono conformado por carballos, castiñeiros, amieiros. No noso ascenso temos diversos puntos de observación da Veiga de Ponteliñares, e de Forxa coa súa torre medieval, de grande importancia estratéxica nos séculos XI e XII polo control dos accesos a Galicia pola comarca da Limia. Atravesando unha ponte de madeira iníciase decontado o descenso pola beira esquerda do río, ofrecéndonos un miradoiro sobre a fervenza ou fírbeda que lle dá nome ao río. Chegaremos á ponte que vimos ao subir e cruzándoa regresaremos ao punto de inicio.

Características

Lonxitude: 3,8 km (circular)
Punto de Inicio:
Estrada OU-301 Forxa (42°01'05.03"N / 7°50'40.55"O)
Punto de Fin: Estrada OU-301 Forxa (42°01'05.03"N / 7°50'40.55"O)
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Terreo abrupto
Treitos de pendente forte
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!