Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DO FÍRBEDA OU DE FORXA&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DO FÍRBEDA OU DE FORXA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210615000388/fervenza-do-firbeda-ou-de-forxa?langId=gl_ES%26tp=40004330
O río Fírbeda discorre entre os concellos de Calvos de Randín e Porqueira e, na localidade da Forxa, rompe violentamente as súas augas no seu curto descenso por un canón tan sinuoso como espectacular.
A ruta comeza subindo por unha pista asfaltada para seguir pola senda que atoparemos á man esquerda. Rapidamente poderemos baixar ata a beira do río para ver os primeiros saltos de auga, pero o mellor estará por chegar. Despois de cruzar un muíño en estado ruinoso poderemos baixar para ver outra fervenza. Neste caso con bastante más coidado, xa que atravesaremos a corrente por riba dunha rocha bastante esvaradía.
Adentrarse no canón á altura do río é unha temeridade, polo que é mellor retroceder un pouco para coller a senda que nos levará aos miradoiros. Se o primeiro miradoiro nos dá unha perspectiva do canón no que estivemos, o segundo permítenos ver a parte superior da fervenza, onde a agua cae dende gran altura. Hai que ter bastante coidado sobre todo se vamos acompañados de nenos, xa que non hai protección ningunha. A senda continúa en sentido ascendente e, debido ao forte desnivel, existe unha corda que nos axudará moito, sobre todo se choveu e o terreo está esvaradío.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.