FERVENZA DE VIOXO-CHACÍN

Fervenzas
478
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Chacín (Santa Baia)

Mazaricos - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 47.4" N - 8º 56' 31.2" W

Descrición

Esta fervenza permítenos coñecer os tesouros da devesa de Chacín. Nos meses de maior caudal a caída é espectacular, con máis de 10 metros de altura. A auga do rego do Casteliño precipítase cun ruxido que enche o bosque cos ecos do cachón. A forma cóncava do val onde se sitúa a fervenza reforza o son, que reverbera a través do visitante. Para atopala, en Santa Baia de Chacín tomaremos o cruce á esquerda, xunto ao cemeterio, e baixaremos ata a estación depuradora. Polo sendeiro descendente, cruzaremos o regato e pasaremos o prado; seguiremos pola canle de rego ata chegar á fervenza principal. O acceso non ofrece dificultades malia que e a ruta non está sinalizada. É apta para facer con nenos. 

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba