Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DO BARBANTIÑO&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DO BARBANTIÑO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210709000177/fervenza-do-barbantino?langId=gl_ES
Para visitar esta fervenza collemos a estrada N-541 que une as cidades de Pontevedra e Ourense en dirección a Maside. Alí desviarémonos cara ao lugar de Listanco para pasar xunto á igrexa de san Miguel de Armeses e continuar ata a aldea da Casanova.
A partir de aquí teremos que seguir a pé durante aproximadamente 1 Km ata atopar a sinalización da área recreativa e do salto de auga. Unha vez no río atoparemos unha ponte metálica que nos deixa xusto diante da fervenza, que cae desde 15 metros de altura dando lugar a unha gran piscina natural.
Tras cruzar a ponte, entramos nunha pequena área recreativa. Se subimos ata a marxe contraria chegaremos aos muiños das Penas e, xunto a eles, atoparemos unha pasarela que nos permite ver o salto de auga dende arriba.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.