FERVENZA DE VIEIROS

Fervenzas
322
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Seara (Santa María Madanela)

Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 15.0" N - 7º 04' 32.0" W

Descrición

Na aldea da Seara, situada a 1.000 metros de altitude en pleno corazón da serra do Courel, está o punto de partida da ruta que nos levará ata a fervenza de Vieiros. Dende A Seara descenderemos ata o río Selmo e camiñaremos pola súa marxe dereita, entre bidueiros, castiñeiros e carballos, para chegar ata unha zona na que o camiño se estreita e onde o son da auga colle forza, como preludio do que poderemos contemplar uns metros máis adiante.

No treito final axudarémonos dunhas cordas que hai atadas ás árbores para descender unha pronunciada pendente que nos levará directamente ao pé deste impresionante salto de auga de 25 metros de alto. Pero se queremos velo dende cerca, unha ponte de madeira permitiranos cruzar á outra beira e aproximarnos máis. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba