Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DE PARRELOS&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DE PARRELOS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210818000415/fervenza-de-parrelos?langId=gl_ES%26tp=40004330
Esta fervenza atópase no río Tea, que nace na serra do Faro de Avión e desemboca no Baixo Miño, en Fillaboa, concello de Salvaterra de Miño.
Para chegar a ela podemos facer o Roteiro das Estrelas, unha ruta de 8Km que sae de Carballeira de Rei. Outra opción é que nos dirixamos ao dolmen de Rebordechán, no concello de Covelo e, nas súas proximidades, exactamente no punto con coordenadas 42.318195, -8.304668, deixar o noso vehículo para continuar a pé. Cruzaremos unha pequena ponte e comezaremos o ascenso.
Despois de camiñar 700 metros atopamos a sinalización do Roteiro das Estrelas e da fervenza de Parrelos. Comezamos a descender e, despois de 500 metros, chegamos a un miradoiro dende o que ver o salto de auga dende arriba.
Dende aí podemos continuar por un estreito sendeiro para chegar ata un banco situado xusto enfronte da fervenza e despois continuar baixando, camiñando con moita precaución sobre grandes laxes, para chegar ao pé da poza o piscina natural que forma o salto de auga.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.