FERVENZA DA FONTENOVA

Fervenzas
225

Localización

Parroquia: Almofrei (San Lourenzo)

Lugar: A Fontenova

Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 52.5" N - 8º 32' 59.0" W

Descrición

No lugar da Fontenova, na parroquia de Almofrei  deixaremos o coche. Baixaremos pola pista de cemento estreita e empinada que vai á central hidroeléctrica, tomaremos o desvío da esquerda e pasaremos os prados ata chegar a un bosque. Atravesarémolo e baixaremos pola outra banda por un terreo moi empinado. Remontaremos o río polo seu cauce. O acceso non está sinalizado. Esta fervenza atópase no río Almofrei, afluente do Lérez, e no seu curso atoparemos varios saltos de auga. IMPORTANTE: no inverno non é recomendable a visita pola  posible perigosidade.

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba