FERVENZAS DE CAVADOSA

Fervenzas
412

Localización

Parroquia: Cerdedo (San Xoán)

Lugar: Cavadosa

Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 20.0" N - 8º 24' 18.7" W

Descrición

Atopamos esta freixa en Cavadosa, no concello de Cerdedo-Cotobade. No camiño vello, desde a ponte que cruza o río, vense xa varios saltos de diferentes alturas. O acceso está sinalizado. Forma parte dunha ruta de sendeirismo circular de algo máis de 13 quilómetros que vai pola ribeira do río Seixo e polas saias do Monte Seixo na Serra do Cando. O río Seixo baixa do Monte Seixo por un estreito val no que se encaixa formando numerosas pozas, rápidos e pequenos saltos de auga. Ademais recibe a auga do rego Porto dos Bois.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba