Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: POZO DA GRADA&body=Recoméndoche que leas a información POZO DA GRADA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211001000020/pozo-da-grada?langId=gl_ES
A fervenza da poza da Grada, con máis de 10 metros de altura, está no río Pequeno, afluente do Lor. Para chegar a ela colleremos a estrada LU-651 que vai de Seoane do Courel a Hospital da Condesa e, uns metros despois de Seoane, colleremos un desvío que nos levará pola LU-P-5601 cara a Meiraos e Vilasibil.
Dende Vilasibil baixaremos a pé polo camiño que atravesa o souto e enlaza coa ruta a Paderne. Despois de pasar o segundo grupo de sequeiros, situados á esquerda do camiño, atopamos unha máis destas construcións a carón dun prado en pendente, e debaixo del está a fervenza.
O percorrido, duns 3 Km ida e volta, é bastante esixente. A baixada final realizase por unha pronunciada pendente, bastante esvaradía en época de choivas.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.