POZAS DE CAN LOUREIRO

Fervenzas
441

Localización

Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)

Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 02.8" N - 9º 01' 21.8" W

Descrición

A uns 2 km de Paxareiras, desde Abelleiras pola estrada DP-5309, deixamos o coche (hai unha zona apta para aparcar) e baixamos ao río; a primeira parte da baixada é sinxela pero a partir dun campo de herba que hai que atravesar xa non hai senda nin camiño. Estas pozas atopámolas no rego de Rateira, que nace no Monte de Paxareiras, preto da aldea de Vistavós. O río baixa encaixonado por rochas graníticas (unha das cales, curiosamente, fai de ponte).
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba