Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FREIXA DAS LAXES&body=Recoméndoche que leas a información FREIXA DAS LAXES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211015000160/freixa-das-laxes?langId=gl_ES
Parroquia: Rebón (San Pedro)
Lugar: A Fontaíña
Moraña - Pontevedra
Para chegar á freixa das Laxes debemos dirixirnos ao lugar da Fontaíña, na parroquia de san Pedro de Rebón, concello de Moraña. Alí debemos deixar o noso vehículo para continuar a pé. Como non hai ningunha sinalización camiñaremos ata a última casa da aldea, pasamos por diante dela e collemos á dereita por un camiño de lousas que nos levará ata unha pequena ponte que cruza o río.
Nuns poucos metros chegaremos á freixa das Laxes que se atopa no río de Gundeiro, afluente do río Agra que á súa vez desemboca no río Umia. Alí atoparemos un muíño e un par de pequenos saltos de auga.
IMPORTANTE: debemos ter moita precaución ao camiñar sobre as laxes xa que, cando están molladas, vólvense extremadamente escorregadeiras.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.