POZAS DE LOUREZA

Fervenzas
222
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Loureza (San Mamede)

Oia - Pontevedra

Coordenadas:
41º 59' 56.7" N - 8º 48' 41.9" W

Descrición

Desde a estrada que une Baiona co Rosal (EP 2202), despois de Refoxos e antes de Loureza, tras pasar a ponte sae un carreiro río arriba pola marxe dereita. O lugar non está acondicionado e accédese por un carreiro que parte desde a ponte que cruza o río. Para poder ver ben as pozas é necesario continuar por arriba dunha pequena represa que hai. O terreo non é complicado, aínda que ao ser roca hai que ter coidado para non esvarar.O Río Tamuxe ou Carballas nace na Serra da Groba no concello de Oia e desemboca no Rosal, no Río Miño. Ao pouco de nacer o río forma unhas pequenas  fervenzas e unhas fermosas pozas denominadas de  Lourenza ou  Bogalleira, que son utilizadas para o baño nas épocas estivais. 

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba