IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE LAGOA

Relixioso
861

Localización

Parroquia: Lagoa (San Vicente)

Lugar: Sisto

27774  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 19.9" N - 7º 26' 49.9" W

Descrición

Templo construído no século XVIII, que ten unha soa nave e dúas sancristías situadas a ambos os dous lados da capela maior. A fachada principal ten porta con arco alintelado, unha ventá e unha imaxe do patrón, San Vicente. Pegado ao muro dereito da nave sitúase un soportal sostido por pilastras. Tamén ten unha torre de dous corpos, pegada á fachada, con elementos arquitectónicos característicos do estilo barroco. No seu interior consérvanse retablos con esculturas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!