FERVENZA DO REGO DA PORTOROSA

Fervenzas
341

Localización

Parroquia: Vilarraso (San Lourenzo)

Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 13.8" N - 8º 00' 49.2" W

Descrición

Na estrada A Coruña-Lugo N-634, no lugar da Castellana, tomaremos a estrada antiga e colleremos o desvío ao encoro. Seguiremos a canle da central, paralela ao río, ata o punto coas coordenadas 43.203826, -8.013727. Ata ese punto podemos chegar en coche, aínda que hai oco só para estacionar un par de vehículos.

A partir de aí, se queremos baixar ao río para ver a fervenza, teremos que descender por unha senda cunha pronunciadísima pendente. 
É unha baixada só apta para xente experta e aínda así presenta bastantes dificultades.

IMPORTANTE: é imprescindible levar bastóns para axudarse, tanto na baixada como na subida.


Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba