FERVENZA DO REGUEIRO DE BALUGA

Fervenzas
150

Localización

Parroquia: Abelenda (Santa Mariña)

Lugar: Rodeiro

Avión - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 14.4" N - 8º 18' 30.9" W

Descrición

O regueiro de Baluga, afluente do río Avia, forma unha fervenza no concello de Avión cun desnivel total de 50 metros en varios saltos sucesivos.

Para chegar a vela tomaremos a estrada que sube en zigzag e forte pendente dende Rodeiro, na parroquia de santa Mariña de Abelenda, cara á serra do Suído. Poderemos ver a fervenza dende unha das curvas da estrada, pero non nos poderemos achegar máis. Teremos que ir atentos porque non está sinalizada.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba