CAPELA DE MARTIÑÁN

Relixioso
236

Localización

Parroquia: Bande (San Pedro)

Lugar: Martiñán

32840  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 02' 11.0" N - 7º 58' 02.9" W

Descrición

A capela de Martiñán alza sobre banco de cachotería, con perpiaño regular reservado á fachada. A súa particularidade estriba no despezado arco de medio punto que serve de acceso, formado de grandes doelas. A ambos os dous lados abren ventás de igual sección, rematando o conxunto unha espadana. O retablo interior aloxa a imaxe da Virxe, flanqueada por San Martiño e Santo Antonio.

Acceso

A 1 km de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 ou tamén chamada rúa Faustino Santalices. A 500 m. desviarse á man dereita por rúa Grupo Escolar, a 100m. xirar á esquerda. Seguir recto ata o destino.
Arriba