IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE MOURICIOS

Relixioso
1135
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mouricios (San Cristovo)

Lugar: Mouricios

27510  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 59.0" N - 7º 50' 29.0" W

Descrición

Edificio do segundo terzo do século XII, que conserva a estrutura orixinaria, a excepción da sancristía que é un engadido posterior. De planta rectangular con presbiterio cuadrangular, ao que se engadiu a sancristía no lateral esquerdo. Muros de cachotaría e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas. Á ábsida accédese dende a nave por medio dun arco triunfal de medio punto con arquivolta e capiteis con motivos zoomorfos e vexetais. No testeiro consérvase unha seteira con columnas ornamentais. A fachada principal presenta unha arquivolta sobre columnas decoradas con motivos antropomorfos e vexetais. No muro sur localízase a segunda porta do templo, estreita e flanqueada por dúas ménsulas xeométricas. No interior disponse o arco triunfal, ornado e con moldura axadrezada e pinturas datadas no século XVII. 

Acceso

En Chantada coller a estrada LU-213 en dirección Lalín-Santiago. A 6,5 km aproximadamente tomar o desvío á esquerda pola LU-202.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba