FERVENZAS DE CODESÁS OU FEIXA DE SANTA CRUZ

Fervenzas
165

Localización

Parroquia: Quins (Santa María)

Lugar: Codesás

Melón - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 13.2" N - 8º 11' 14.4" W

Descrición

O río Cerves forma un canón estreito e profundo cun gran desnivel, polo que descende dando lugar a varios saltos de auga dos que o máis alto ten uns 40 metros de caída e é coñecido como Feixa de Santa Cruz ou fervenza de Codesás.

Estas fervenzas hai que velas dende a distancia, xa que é imposible achegarse a elas. Para chegar ao punto desde o que podemos observalas, collemos a estrada N-120 entre Melón e Ourense. Despois duns 3 km chegaremos a unha rotonda onde tomamos a primeira saída para continuar por unha pista que nos levará ata un almacén abandonado ao carón do que podemos deixar o noso vehículo.

Dende alí continuaremos por unha pista de terra e, aínda que estamos preto do río, non veremos a auga pola densa vexetación, aínda que escoitaremos o ruxir das fervenzas. Continuaremos por este camiño, que nalgunhas ocasións parece pechado pola abundante vexetación, para virar á dereita uns 90º e abrirse despois a vexetación circundante para ver o río Cerves co seu canón diante, aínda que bastante lonxe.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!