FERVENZA DO RÍO CADÓS

Fervenzas
161

Localización

Parroquia: Cadós (Santiago)

Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 27.2" N - 7º 59' 45.7" W

Descrición

O río Cadós, afluente do río Limia, forma varias pequenas fervenzas e rápidos na parroquia de Santiago de Cadós.

Para chegar a ver a fervenza principal collemos a estrada OU-1212 que vai de Lobeira a Bande e, despois de 7,2 km, collemos o desvío cara a Ponte Cadós. Xusto no punto no que a estrada pasa sobre o río podemos ver varias fervenzas baixo a ponte. Entre os piares de pedra que atopamos aos lados da estrada, podemos ver un pequeno sendeiro que baixa ata o río e que é o deberemos seguir.

IMPORTANTE: o camiño é bastante vertical, polo que haberá que baixar con moito coidado ata a beira do río.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba