CAPELA DA GUÍA

Relixioso
440
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Carreira (San Paio)

Lugar: Carreira

15967  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 32' 29.0" N - 9º 00' 45.0" W

Descrición

É un dos santuarios máis destacados da comarca e ao que acoden numerosos devotos de ambos lados da ría de Arousa cada luns seguinte á Pascua do Pentecostes. A capela, de gran pureza de liñas, é de planta rectangular con unha única división na cabeceira que a separa da sancristía. Os muros son de perpiaño de granito e nos que as pezas maiores se localizan nos esquinais, xambas e linteis. No interior ten unha cuberta plana que oculta as cimbras de madeira que sosteñen a cuberta a dúas augas. Aos pés levántase a tribuna á que se accede por unha escaleira en "L" encastada ao muro norte no que se abre unha segunda porta de acceso. No muro sur, á altura do presbiterio, existe un corpo encastado de planta cadrada que serve como outra porta lateral.
A fachada é de gran sinxeleza. Componse por unha porta rectangular sobre a que se abre un pequeno van circular, rematado por un frontón triangular formado polas cornixas a dúas augas unidas por outra cornixa na súa base. O conxunto coroase no vértice con unha espadana sobre peaña horizontal con dous ocos rematados en arcos de medio punto sobre os que se remata con unha cornixa con pináculos e moldura curva.

Acceso

Dende Riveira, collemos cara Fafián en dirección Rúa Campos de Arriba pola estrada DP-7305, e na rotonda (Cruce de O Vilar) collemos a terceira saída ata a Rúa da Capela en Carreira, onde se atopa a man dereita a capela.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!