IGREXA DE SAN MARTIÑO DE TIOBRE

Relixioso
2061
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tiobre (San Martiño)

Lugar: Betanzos o Vello

15319  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 36.9" N - 8º 12' 06.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico do século XII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave e unha ábsida rectangular. No interior o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal apuntado, sostido por semicolumnas unidas, con capiteis compostelanos que mesturan follas, volutas e cabezas. No exterior a fachada principal concentra toda a ornamentación. A porta rectangular áchase inscrita nun tímpano con escasa decoración e sobre el arquivoltas semicirculares con catro columnas acodilladas nas xambas con capiteis corintios de decoración vexetal. Sobresae a espadaña dobre rematada nun corpo triangular flanqueado por pináculos. Os muros do edificio son de cantería de granito. A cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Acceso

Dende Betanzos, tomar a N-651 en dirección a Ferrol, o sair da cidade vese a dereita indicación a Tiobre e a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba