CAPELA DO LOURIDO

Relixioso
982

Localización

Parroquia: Galegos (Santa María)

Lugar: Vilarquide

27744  Riotorto - Lugo

Coordenadas:
43º 16' 25.9" N - 7º 12' 38.9" W

Descrición

Esta capela foi trasladada recentemente dende a súa localización orixinal no lugar de As Barrosas. É un edificio de arquitectura popular, de pequenas dimensións, de planta rectangular con muros de cachotaría e cadeirado de granito e lousa, e cuberta a dúas augas. No interior conserva un pequeno retablo do século XVIII.
Arriba
Axúdanos a mellorar!