Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN MAMEDE DE LARAXE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN MAMEDE DE LARAXE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23442/igrexa-de-san-mamede-de-laraxe?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Laraxe (San Mamede)
Lugar: Pedreiras
15622 Cabanas - A Coruña
Igrexa do século XVII, que na súa orixe foi de estilo gótico. Planta rectangular. A nave está dividida en tres tramos, cubertos con bóvedas de arestas reforzados por arcos faixóns de medio punto. O espazo do presbiterio está delimitado por un arco triunfal semicircular. Conta con interesantes retablos de características historicistas. A fachada principal, con tres corpos, agrupa a ornamentación. No corpo central superpóñense a porta de entrada, alintelada e enmarcada por unha moldura cóncava, un pequeno oco para iluminación e, rompendo a cornixa, a base da espadaña dobre, rematada en pináculos.
No seu interior podemos observar distintos estilos, como no altar maior de estilo renacentista provinciano ou no retablo de estilo historicista. O altar maior foi encargado a Alonso Boceto de la Fuente, de Pontedeume, o 4 de maio de 1626, quen puido ser o autor dos restos de pintura que hai detrás deste.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.