Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN MAMEDE DE LARAXE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN MAMEDE DE LARAXE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23442/igrexa-de-san-mamede-de-laraxe?langId=gl_ES%26tp=8%26ctre=31
Parroquia: Laraxe (San Mamede)
Lugar: Pedreiras
15622 Cabanas - A Coruña
Igrexa do século XVII, que na súa orixe foi de estilo gótico. Planta rectangular. A nave está dividida en tres tramos, cubertos con bóvedas de arestas reforzados por arcos faixóns de medio punto. O espazo do presbiterio está delimitado por un arco triunfal semicircular. Conta con interesantes retablos de características historicistas. A fachada principal, con tres corpos, agrupa a ornamentación. No corpo central superpóñense a porta de entrada, alintelada e enmarcada por unha moldura cóncava, un pequeno oco para iluminación e, rompendo a cornixa, a base da espadaña dobre, rematada en pináculos.
No seu interior podemos observar distintos estilos, como no altar maior de estilo renacentista provinciano ou no retablo de estilo historicista. O altar maior foi encargado a Alonso Boceto de la Fuente, de Pontedeume, o 4 de maio de 1626, quen puido ser o autor dos restos de pintura que hai detrás deste.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.