IGREXA DE SAN MAMEDE DE LARAXE

Relixioso
1065
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Laraxe (San Mamede)

Lugar: Pedreiras

15622  Cabanas - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 12.4" N - 8º 09' 14.7" W

Descrición

Igrexa do século XVII, que na súa orixe foi de estilo gótico. Planta rectangular. A nave está dividida en tres tramos, cubertos con bóvedas de arestas reforzados por arcos faixóns de medio punto. O espazo do presbiterio está delimitado por un arco triunfal semicircular. Conta con interesantes retablos de características historicistas. A fachada principal, con tres corpos, agrupa a ornamentación. No corpo central superpóñense a porta de entrada, alintelada e enmarcada por unha moldura cóncava, un pequeno oco para iluminación e, rompendo a cornixa, a base da espadaña dobre, rematada en pináculos.

No seu interior podemos observar distintos estilos, como no altar maior de estilo renacentista provinciano ou no retablo de estilo historicista. O altar maior foi encargado a Alonso Boceto de la Fuente, de Pontedeume, o 4 de maio de 1626, quen puido ser o autor dos restos de pintura que hai detrás deste.

Acceso

Dende Cabanas tomar a N-651 ata Pedreiras. A pouca distancia, na beira da estrada, a man esquerda atópase a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!