IGREXA DE SANTA OLAIA DE SOASERRA

Relixioso
1566
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Soaserra (Santa Olaia)

Lugar: O Igrexario

15612  Cabanas - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 33.9" N - 8º 05' 42.0" W

Descrición

Igrexa parroquial do século XIX. Situada un contorno rural, nos seus arredores atópase a casa reitoral. Conta cunha pequena capela cadrada anexa polo lado sur. Consta unha inscrición: "SE HIZO EL AÑO DE 1856". Merece visitala para contemplar o retablo policromado que un día estivo na igrexa prioral de San Xoán de Caaveiro. O retablo foi mandado realizar, por mandato do prior Carlos Cipriano Magadan, en 1705, e foi dourado en 1711. É un retablo barroco de columnas salomónicas, decoradas con motivos vexetais, que contén, no piso inferior, un sagrario, con adornos de pombas e o escudo real na pechadura, e as imaxes de San Agustín, San Xoán Bautista e Santa Eulalia; e, no piso superior, a Virxe co Neno, Santo Tomás, San Pedro e os emblemas do mosteiro; Agnus Dei, corazón en chamas e escudo real. Montero Aróstegiu dinos que contiña a imaxe de Santa Isabel, raíña de Hungría.

Acceso

Dende Cabanas tomar a AC-141 ata Lavandeira, alí continuar a indicación a Soaserra, onde se atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba