PAZO DE CEDOFEITA

Civil
579
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cedofeita (Santa María Madanela)

Lugar: A Torre

27771  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 29' 45.1" N - 7º 07' 57.0" W

Descrición

Edificio construído entre finais do s.XV e principios do XVI, fundado por Lope García de Cedofeita. De planta rectangular, fabricado en cachotería e cadeirado de granito en vans e esquinais, con cuberta de lousa a catro augas, consta dunha torre con remate ameado nunha das esquinas e outra máis pequena pegada. Ten dúas alturas no corpo principal e tres nas torres. O conxunto complétase cun hórreo, un pombal circular, un muíño e unha pequena capela de estilo barroco rococó e con espadana dun solo van. Todo iso atópase rodeado por un alto muro con dúas portadas, unha das cales leva á fachada principal, onde se atopa o escudo de armas gravado en madeira, e a outra, orientada ao norte, conduce ata unha escalinata de pedra pola que se accede á vivenda.
É de propiedade privada, non visitable.

Acceso

Saíndo de Ribadeo e tomando dirección ao miradoiro de Santa Cruz ou ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes pola LU-P-5207, ao final da mesma incorporámonos á estrada LU-133. Posteriormente tomamos o desvío dirección “Cedofeita-Trabada” pola estrada LU-P-5203. Continuando por esta estrada, a aproximadamente 1Km atoparemos o pazo á nosa dereita.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!