IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE COVAS

Relixioso
1445
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Covas (Santa María)

Lugar: Covas

15864  Negreira - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 07.9" N - 8º 44' 54.9" W

Descrición

Construída no segundo terzo do s. XVII, a fachada e o campanario son do s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular, cos muros de cadeirado granítico e a cuberta a unha e dúas augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado granítico, ten portada con saíntes molduras, unha banda resaltada e un talón inverso. Sancristía pegada ao muro Norte da Capela Maior. Espadana situada enriba dun torreón cuadrangular, está conformada por tres machóns, entre os que hai dous ocos con arco de medio punto e un frontón triangular péchaa.

O campanario está exento e emprazado nun alto.
Ten tres retablos antigos con numerosas esculturas de boa factura.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba