IGREXA DE SANTA CRUZ DE MOECHE

Relixioso
157

Localización

Parroquia: Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz)

Lugar: O Retorno s/n

15564  Moeche - A Coruña

Coordenadas:
43º 33' 18.0" N - 7º 56' 47.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco rural. Estrutura en cruz latina, única entre as igrexas do concello, atopándose na nave principal o santuario do altar maior, e na nave cruzada os dous altares menores. A unión de ambas naves da lugar ó cruceiro abovedado, que sobresae en alzado. No exterior, atopamos unha cubrición de lousa en escama a diferentes augas, e muros revestidos e branquexados, excepto os esquinais, onde a pedra se acha á vista. A fachada principal está organizada pentagonalmente, con porta rectangular e pequeno oco que ilumina o coro alto de madeira, anexo ó interior da fachada principal. A cornixa está culminada por unha cruz de pedra sobre aleróns. Pegada ao muro meridional sobresae unha sólida base con decoración de aplacados, que sostén a espadana de dous ocos, rematada en corpo triangular flanqueado por pináculos con bólas.

Acceso

Dende a capital municipal, ir a estrada xeral (AC-862), e dende alí en dirección Ortigueira ata o cruce coa estrada CP-4904, por onde seguiremos a sinalización que nos levaría ó castelo de Moeche. O camiño restante, de 6,5 km aproximadamente, habería que continualo no súa primeira parte pola mesma CP-4904, ata o cruce que divide a parroquia modestina de Santa Cruz e o concello de Somozas. Tomando a pista da esquerda (CP-4903) poderase chegar a Igrexa parroquial sen ningún tipo de desviación ó longo de 1, 5 km.
Arriba