IGREXA DE SAN PEDRO DE VILALONGA

Relixioso
1090
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilalonga (San Pedro)

Lugar: O Igrexario

36990  Sanxenxo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 06.0" N - 8º 50' 22.9" W

Descrición

Igrexa dunha soa nave dividida en cruceiro transversal, perfectamente marcada polos contrafortes exteriores. Está cuberta por teitume de madeira a dúas augas e montada sobre arcos faixóns de medio punto. Na fachada principal destaca o portalón de arco de medio punto sobre pilastra, que soporta o cornixamento sobre o frontón e un pequeno óculo sobre o frontispicio. No lado dereito, unha torre campanario de estilo barroco, con dous pisos, remata en pináculo e cruz de ferro. No circundado da igrexa está o cemiterio parroquial, ao que se accede a través dunhas escalinatas.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!