IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CHURÍO

Relixioso
206

Localización

Parroquia: Churío (San Martiño)

Lugar: O Señorío

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 33.0" N - 8º 04' 45.9" W

Descrición

Igrexa de tipoloxía rural, sen estilo definido, con inscrición na fachada (1862), aínda que con posibilidade de que sexa máis antiga. Planta rectangular, con única nave e presbiterio. No interior, sinxeleza e sobriedade. No exterior, muros de cachotería exceptuando os esquinales con mellores pezas, aínda que irregulares, de granito. Cuberta de tella curva a dúas augas. Sinxela fachada principal organizada en único corpo, con porta rectangular e espadaña simple. Nas inmediacións, áchanse dous interesantes sarcófagos antropomorfos tallados na rocha.
Formou parte dun mosteiro, fundado por San Martín Dumio, como conta nunha ara que podemos ver no muro da igrexa.
Arriba