Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA TORRE DE ESCUREDO&body=Recoméndoche que leas a información CASA TORRE DE ESCUREDO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25882/casa-torre-de-escuredo?ctre=39%26langId=gl_ES%26tp=9
Parroquia: O Grove (San Martiño)
Lugar: O Grove
Rúa Luis Antonio Mestre 10
36980 O Grove - Pontevedra
Casa de estilo modernista de 1922. Con planta en forma de "L" con dous pisos e bufardas sobresaíndo sobre o nivel da cornixa, remantando nunha lanterna acristalada, de forma cadrada e sobreelevada na súa parte central, con cuberta a catro augas. Na fachada alternan balcóns, galerías e balconadas. Na finca, con xardíns hai tamén un pombal circular. Pertence a unha familia de antigos conserveiros.
Atópase rodeada por un elevado muro de pedra, tras o cal se divisa o xardín e a torre da casa, que é a súa principal característica e que lle da o nome. A casa é de planta cadrada cun pegado rectangular, de dous pisos, a torre, tamén cadrada, formato bufarda, atópase orientada cara aos puntos cardinais.
Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e
visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.