CASA ELIGIO PRIETO IGLESIAS

Civil
835
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Príncipe 12

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 15.0" N - 8º 43' 26.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1925 por Jenaro de la Fuente Álvarez. Destaca pola súa decoración, sobre todo nas dúas plantas superiores. Nos laterais da segunda planta hai dous balcóns de pedra curvados e con balaustrada neobarroca. O balcón central, semicircular, apóiase sobre unha especie de cuncha magnificamente labrada. Ten tamén abundantes vans, separados por simples pilastras e un frontón sinxelo e triangular, que cobre a ventá central da última planta, baixo unha voada cornixa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba