CASA FERNANDO CARRERAS

Civil
891
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Areal, Esquina A Oporto 1 46

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 19.9" N - 8º 42' 59.0" W

Descrición

Edificio proxectado en 1863 por Manuel Uceda. Actualmente é o Reitorado da Universidade e consta de tres plantas con aproveitamento do baixo cuberta e o patio de luces interior. A súa disposición é simétrica e ten grandes vans con arcos semicirculares, todos eles con saída a balcóns, e separados por pilastras acanaladas. Constituíu o primeiro gran palacete residencial moderno da época, e os vigueses facían paseos desde a zona vella da cidade para contemplalo.

Ao longo da súa vida, este edificio tivo diversas ocupacións, que levan implícitas varias reformas. Así, en 1889, foi vendido ao Banco de España para ser sé da institución na cidade, neste período reforman a cuberta. Mais tarde, foi ocupado pola Comandancia Militar, neste período levouse a cabo a ampliación do edificio na zona sur, coa construción dun novo corpo de cinco vans por planta, que trata de imitar a edificación existente, pero altera totalmente a composición de fachada da rúa Oporto. Na fachada principal colócase o actual peto de coronación. En 1991, remodelarase de novo, pero sen alterar a imaxe externa das súas fachadas, para destinalo a Rectorado da Universidade de Vigo.

Actualmente o edificio alberga a sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!