VILA ROSA

Civil
714
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Covas (San Martiño)

Lugar: Ragón

15594  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 32' 31.9" N - 8º 16' 35.9" W

Descrición

Vila da primeira metade do século XX, de estilo rexionalista. Os seus elementos estruturais e decorativos destacan polas liñas nítidas, os volumes rotundos e a claridade compositiva. Son magníficas pezas os perpiaños dos esquinais e as ménsulas. Sobresae tamén a súa cornixa moi voada, con tella curva. O edificio posúe unha torre culminada por un pináculo piramidal.

Acceso

Desde Ferrol, pola estrada Covas-Esmelle, hai que continuar uns 9Km ata un indicador de Covas.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!