CASA TORRENTE BALLESTER

Civil
1226
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Serantes (San Salvador)

Lugar: Avenida do 19 de Febreiro

15405  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 47.9" N - 8º 14' 47.9" W

Descrición

Casa singular, de tipoloxía torre-pazo, habitada desde o século XVII e propiedade da familia do escritor Gonzalo Torrente Ballester, un dos principais autores contemporáneos da literatura española. Entre 1834-1940 foi casa consistorial. Na súa fachada, resolta en dous corpos, combina muros de cachotería, pilastras de cantería e pezas de cadeirado nun contorno de vans e balcóns. Destaca unha ampla porta cocheira de arco escárzano.

Acceso

Desde Ferrol, bordeando A Malata, antes de chegar á gasolineira hai un cruce cara á dereita que nos leva ata Serantes.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!