Touro - A Coruña
AS PESQUEIRAS
Son unas construcións situadas
nas beiras dos ríos deseñadas especialmente
para a captura do salmón, a lamprea, a anguía
e a zamborca. As máis comúns consisten
en muros de perpiaño aliñados paralela ou
transversalmente ao río a onde as correntes
empuxan os peixes a través duns canellóns
estreitos entre os que se sitúa unha rede cónica,
chamada «boteirón», que se coloca ao final
destes.
As primeiras pesqueiras datan de antes do s. XII,
e eran nasas construídas con varas de madeira
ou estruturas moi sinxelas onde se recolocaban
as pedras do río. No s. XV xa hai constancia de
construcións máis elaboradas.
O progresivo abandono destas infraestruturas
fluviais, ante a ausencia de rendibilidade na súa
explotación, leváronas a piques da desaparición,
quedando só algunhas construcións no
seu estado case orixinal, como é o caso das
pesqueiras do Concello de Arbo (Pontevedra).
Sendeiros
Sendeiros